Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2021

Benvidos!!!

Benvidos ao novo curso 2021-2022 Dende o Departamento de Orientación queremos desexar a toda a comunidade educativa  un  curso tranquilo e feliz. A pesar de que aínda temos restriccións e rutinas que non podemos esquecer, polo ben de todos, xa empezamos a sentirnos máis seguros e a poder disfrutar de máis liberdade e contactos que case tiñamos esquecidos. Tentaremos que este curso sexa o máis «normal» posible para as nosas nenas e nenos e que disfruten e se desenvolvan nun ambiente seguro e feliz. Recordámosvos que podedes contactar co Departamento no teléfono 886 120093. Bo curso!! Coidádevos!!!

BOLSAS NEAE

 BOLSAS NEAE Lembrade que o prazo para entregar a solicitude das axudas do Ministerio para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo remata o 30 de setembro. Toda a información a tedes na páxina do colexio. Calquera dúbida chamade ao teléfono do departamento.