Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

BECAS NEAE 20-21

BECAS NEAE 20-21 A finais de xullo ou principios de agosto, como todos os anos, sairán as Becas NEAE do "Ministerio de Educación y Formación Profesional" para reeducación pedagóxica e da linguaxe. Estas axudas poden solicitalas as nais, pais ou titores legais do alumnado con discapacidade recoñocida, diagnóstico médico de TDAH, trastorno grave de conduta e altas capacidades. Tamén se deben cumprir unhas condicións económicas que veñen recollidas na resolución. O ano pasado saiu con data 23 de xullo. Estade pendentes para cubrir toda a documentación, solicitar a memoria expedida polo centro reeducador e entregalo todo no centro a principios de setembro. Calquera dúbida consultade no correo electrónico do Departamento de Orientación. orientacionpombal@gmail.com

Becas NEAE 2019-2020

Becas NEAE 2019-2020 A Xefatura Provincial de Educación envía o documento de solicitude e as datas para a presentación do "Recurso de Reposición" das Becas do Ministerio do curso 19-20 denegadas no mes de decembro. As datas son do 2 de xuño ata o 1 de xullo. Documento de solicitude (Fai click enriba)

Información do paso á Secundaria para o alumnado e as familias

  Ola, rapazas e rapaces de sexto de Educación Primaria:   As circunstancia provocadas pola pandemia non nos permitarán rematar o curso de forma presencial, polo que este fin de curso e de etapa van ser un pouco distintos. A visita que pensabamos facer ao IES Castelao, centro ao que acudiredes a maior parte de vós, non se poderá facer. Por elo queremos que, aínda que non sexa o mesmo, recibades a información que dende Orientación, en coordinación co Departamento do Instituto, poda interesarvos. Comezades unha nova Etapa Educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria .  É un momento moi importante nas vosas vidas e moi emocionante. Despois de tantos anos no Pombal agora cambiades a outro centro que non coñecedes e con rutinas que non son ás que estades acostumados ata agora. Nesta nova etapa tedes que vos esforzar ao máximo, traballar moito e desfrutar das actividades e as novas posibilidades que vos ofrece. Ides coñecer a novas compañeiras e compañeiros e iso vos dará op