Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Proba de aptitudes de 6º de EI e 6º de EP

  PROBA DE APTITUDES DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA  Estimadas familias: Como cada ano, dende o Departamento de Orientación, aplicaremos a todo o alumnado de 6º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil, de forma colectiva, unha proba de aptitudes. Esta serviranos para ter máis información sobre aqueles puntos fortes, nos que poderemos apoiar as aprendizaxes, e aqueles outros que debemos fortalecer para axudar ao maior desenvolvemento posible de cada nena/o. Esta información será de gran utilidade para afrontar a nova etapa escolar. Realizaranse a partir do mes de abril. Enviarase un abalar, unha vez rematadas, para que as familias interesadas poidan solicitar información dos resultados. Respetaranse todas as medidas de seguridade recollidas no Protocolo COVID. Para calquera dúbida podedes chamar ao Departamento de Orientación ao teléfono 886 120093. Un saúdo.