Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022

  Os "contratos-programa Inclúe" teñen como fin último lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo o máximo posible as súas potencialidades. Os obxectivos concretos están dirixidos a favorecer a inclusión educativa, a igualdade de oportunidades, a mellora da convivencia escolar e o aumento do benestar emocional de toda a comunidade educativa. Para o curso 2021-2022 elaboramos un plan de mellora do éxito educativo do alumnado que foinos concedido, e que se levará a cabo a través das seguintes modalidades:   IGUÁLA-T : Ten como obxectivo o fomento da coeducación, a promoción de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención-detección e tratamento da violencia de xénero.   CONVÍVE-T : Pretende  mellorar a convivencia escolar desenvolvendo a competencia social e cívica do noso alumnado.   INCLÚE-T : Ten como obxectivo favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos potenciando as habilidades ou competencias do alumnado.   EMOCIÓNA-T : Quere