Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

INORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

    INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE EP Chega o fin de curso e aínda que non foi como todos desexariamos, polo menos puidemos compartilo e disfrutalo xuntos. Demostrastes unha grande responsabilidade e forza ante as esixencias que a situación provocada pola pandemia requeriu. Desexámosvos, o primeiro, un bo verán, que descansedes e collades forzas para afrontar unha nova etapa educativa que é moi importante e enriquecedora. Ademais, vos pedimos que traballedes e vos esforcedes moito para demostrar a vosa capacidade e preparación para superar os novos retos que van ir xurdindo ao longo da Secundaria.  Estamos seguros de que o ides facer moi ben!! Unha aperta de todos os profesionais do Colexio Pombal.  Como este curso non puidemos realizar a visita ao instituto que facíamos todos os anos, deixámosvos a información que nos achegan dende alí.   https://drive.google.com/file/d/15Oq6IwiVtB-CcpMnO6v76ZRcU-IhCbNO/view

PROXECTO Coidamos-TEA

  GUÍA Coidamos-TEA A Federación Autismo Galicia elaborou unha guía para axudar ás familias das persoas con Trastorno do Espectro Autista. Deixámosvos o enlace (facer clic enriba). https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2785&V_idmod=62