Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

Becas NEAE 20-21

O plazo para entregar no centro os documentos de solicitude das Bolsas NEAE, remata o 30 de setembro.  A solicitude das Bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2020-2021, cubriranse exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación polas familias interesadas. Unha vez que esté cuberta e firmada, non vos esquezades de adxuntarlle os documentos esixidos e entregala canto antes no Departamento de Orientación por se é necesario subsanar algún erro.  Revisade antes de traela os seguintes puntos: - Asinar na Folla 1: autorización á AEAT para poder facilitar os datos económicos ás administracións educativas. - No apartado "A cumplimentar por todos/as os/as solicitantes" deberán asinar todos os membros maiores de idade da unidade familiar. - Fotocopia dos DNIs . - Presentar o certificado de discapacidade igual o superior ao 33%, os que o teñan. - A conta corrente ten que ter ao alumno ou alumna como titular ou cotitular, sempre que non se faga o ingre

Benvidos!!!

 Bo día rapazas e rapaces!!! Comezamos este novo curso con moita ilusión e coa ledicia de volver a veros. Non sabemos moi ben cómo se van a desenvolver os acontecimientos pero estade seguros de que todo o persoal do colexio, dende o equipo directivo ata o persoal de limpeza e por suposto o Departamento de Orientación, estaremos ao voso lado acompañándoos e axudándoos en todo o que poidamos e sobre todo coidando da vosa seguridade. As limitacións ás que nos obriga esta situación as poderemos superar coa axuda de todos. Bo curso para todos!!!