Becas NEAE 20-21


O plazo para entregar no centro os documentos de solicitude das Bolsas NEAE, remata o 30 de setembro.

 A solicitude das Bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2020-2021, cubriranse exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación polas familias interesadas.

Unha vez que esté cuberta e firmada, non vos esquezades de adxuntarlle os documentos esixidos e entregala canto antes no Departamento de Orientación por se é necesario subsanar algún erro.

 Revisade antes de traela os seguintes puntos:

- Asinar na Folla 1: autorización á AEAT para poder facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- No apartado "A cumplimentar por todos/as os/as solicitantes" deberán asinar todos os membros maiores de idade da unidade familiar.

- Fotocopia dos DNIs .

- Presentar o certificado de discapacidade igual o superior ao 33%, os que o teñan.

- A conta corrente ten que ter ao alumno ou alumna como titular ou cotitular, sempre que non se faga o ingreso na conta do colexio.

- Certificado médico do diagnóstico de TEA.

- Memoria expedida polo centro reeducador na que consten: características do centro, número de horas semanais, coste mensual e especialista que prestará o servizo.

- Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reune os requisitos de formación esixidos.

Calquera dúbida que tiñades non dubidedes en chamar ao teléfono do Departamento de Orientación, 886120093.


https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022