Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

PROBA DE APTITUDES DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

  Estimadas familias: Como cada ano, dende o Departamento de Orientación, aplicaremos a todo o alumnado de 6º de Educación Primaria de forma colectiva, unha proba de aptitudes. Esta serviranos para ter máis información sobre aqueles puntos fortes, nos que poderemos apoiar as aprendizaxes, e aqueles outros que debemos fortalecer para axudar ao maior desenvolvemento posible de cada nena/o. Esta información será de gran utilidade para orientar academicamente ao alumnado de cara á vindeira etapa escolar. Realizarase durante o mes de maio. Respetaranse todas as medidas de seguridade recollidas no Protocolo COVID. Para calquera dúbida podedes chamar ao Departamento de Orientación ao teléfono 886 120093. Un saúdo.

PROBA DE APTITUDES DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias: Como cada ano, dende o Departamento de Orientación, aplicaremos a todo o alumnado de 6º de Educación Infantil de forma colectiva, unha proba de aptitudes. Esta serviranos para ter máis información sobre aqueles puntos fortes, nos que poderemos apoiar as aprendizaxes, e aqueles outros que debemos fortalecer para axudar ao maior desenvolvemento posible de cada nena/o. Esta información será de gran utilidade para orientar a nosa labor educativa de cara á vindeira etapa escolar. Realizarase durante o mes de maio. Respetaranse todas as medidas de seguridade recollidas no Protocolo COVID. Para calquera dúbida podedes chamar ao Departamento de Orientación ao teléfono 886 120093. Un saúdo.