PROBA DE APTITUDES DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


Estimadas familias:

Como cada ano, dende o Departamento de Orientación, aplicaremos a todo o alumnado de 6º de Educación Infantil de forma colectiva, unha proba de aptitudes. Esta serviranos para ter máis información sobre aqueles puntos fortes, nos que poderemos apoiar as aprendizaxes, e aqueles outros que debemos fortalecer para axudar ao maior desenvolvemento posible de cada nena/o.

Esta información será de gran utilidade para orientar a nosa labor educativa de cara á vindeira etapa escolar.

Realizarase durante o mes de maio.

Respetaranse todas as medidas de seguridade recollidas no Protocolo COVID.

Para calquera dúbida podedes chamar ao Departamento de Orientación ao teléfono 886 120093.

Un saúdo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022