Información do paso á Secundaria para o alumnado e as familias


 Ola, rapazas e rapaces de sexto de Educación Primaria:
 
As circunstancia provocadas pola pandemia non nos permitarán rematar o curso de forma presencial, polo que este fin de curso e de etapa van ser un pouco distintos.
A visita que pensabamos facer ao IES Castelao, centro ao que acudiredes a maior parte de vós, non se poderá facer. Por elo queremos que, aínda que non sexa o mesmo, recibades a información que dende Orientación, en coordinación co Departamento do Instituto, poda interesarvos.

Comezades unha nova Etapa Educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria
É un momento moi importante nas vosas vidas e moi emocionante. Despois de tantos anos no Pombal agora cambiades a outro centro que non coñecedes e con rutinas que non son ás que estades acostumados ata agora.
Nesta nova etapa tedes que vos esforzar ao máximo, traballar moito e desfrutar das actividades e as novas posibilidades que vos ofrece.
Ides coñecer a novas compañeiras e compañeiros e iso vos dará oportunidade de aumentar o grupo de amizades que é moi importante para ter o apoio e axuda que todos necesitamos.
Estades preparados para afrontar este cambio con éxito, pero non nos esquezades nunca!






Información do Departamento de Orientación do I.E.S. Castelao (Fai clik enriba)

Comentarios

  1. Gracias por todos estos años que se me han pasado muy rápido,. sin duda alguna esta es una de las etapas que jamás olvidare. Naiala :¨^)

    ResponderEliminar
  2. Gracias por toda esta educación y por enseñarnos en los momentos más difíciles. Anxo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022