INORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE EP

Chega o fin de curso e aínda que non foi como todos desexariamos, polo menos puidemos compartilo e disfrutalo xuntos. Demostrastes unha grande responsabilidade e forza ante as esixencias que a situación provocada pola pandemia requeriu.

Desexámosvos, o primeiro, un bo verán, que descansedes e collades forzas para afrontar unha nova etapa educativa que é moi importante e enriquecedora. Ademais, vos pedimos que traballedes e vos esforcedes moito para demostrar a vosa capacidade e preparación para superar os novos retos que van ir xurdindo ao longo da Secundaria. 

Estamos seguros de que o ides facer moi ben!!

Unha aperta de todos os profesionais do Colexio Pombal.

 Como este curso non puidemos realizar a visita ao instituto que facíamos todos os anos, deixámosvos a información que nos achegan dende alí.

 

https://drive.google.com/file/d/15Oq6IwiVtB-CcpMnO6v76ZRcU-IhCbNO/view

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022