CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022

 


Os "contratos-programa Inclúe" teñen como fin último lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo o máximo posible as súas potencialidades.

Os obxectivos concretos están dirixidos a favorecer a inclusión educativa, a igualdade de oportunidades, a mellora da convivencia escolar e o aumento do benestar emocional de toda a comunidade educativa.

Para o curso 2021-2022 elaboramos un plan de mellora do éxito educativo do alumnado que foinos concedido, e que se levará a cabo a través das seguintes modalidades:

  •  IGUÁLA-T: Ten como obxectivo o fomento da coeducación, a promoción de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención-detección e tratamento da violencia de xénero.
  •  CONVÍVE-T: Pretende  mellorar a convivencia escolar desenvolvendo a competencia social e cívica do noso alumnado.
  •  INCLÚE-T: Ten como obxectivo favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos potenciando as habilidades ou competencias do alumnado.
  •  EMOCIÓNA-T: Quere desenvolver as competencias emocionais das nenas e nenos que lle axuden en todos os ámbitos da vida. 

Para traballar estes obxectivos, realizaremos actividades ao longo do curso que serán avaliadas no mes de xuño.

 Participamos neste Programa coa intención de mellorar as condición do noso alumnado dando unha resposta educativa adaptada ás cirscuntancias actuais.

 



Comentarios

Entradas populares de este blog

PLAN RECUPERA 2021-2022

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24