BECAS NEAE 20-21
BECAS NEAE 20-21 A finais de xullo ou principios de agosto, como todos os anos, sairán as Becas NEAE do "Ministerio de Educación y Formación Profesional" para reeducación pedagóxica e da linguaxe. Estas axudas poden solicitalas as nais, pais ou titores legais do alumnado con discapacidade recoñocida, diagnóstico médico de TDAH, trastorno grave de conduta e altas capacidades. Tamén se deben cumprir unhas condicións económicas que veñen recollidas na resolución. O ano pasado saiu con data 23 de xullo. Estade pendentes para cubrir toda a documentación, solicitar a memoria expedida polo centro reeducador e entregalo todo no centro a principios de setembro. Calquera dúbida consultade no correo electrónico do Departamento de Orientación. orientacionpombal@gmail.com