Axudas para a discapacidade

 

AXUDAS PARA A DISCAPACIDADE



Grazas a unha nai do colexio por compartir esta información sobre axudas á discapacidade, que pode ser de gran utilidade.

  •   Para estas axudas hai que ter como mínimo o 33% de Grao de Discapacidade recoñecido.

  •   O primeiro é solicitar á Traballadora Social o recoñecemento do "Grao de Discapacidade"  que se tramitará no edificion do "Centro de Saúde da Doblada".

  • Tamén a Traballadora Social  é a que tramita a solicitude da "Dependencia do menor".

  •   No caso de nenos ou nenas con Autismo ou problemas de retraso mental, hai unha tarxeta sanitaria "Doble AA" que serve para reducir as esperas nos Centros de Saúde e nas Urxencias.

  • No INSS (Intituto Nacional da Seguridade Social) pódese solicitar, co Grao de Discapacidade recoñecido ou o xustificante de telo solicitado, unha axuda económica ao ano de 1200 €, que dividen en dúas pagas de 600 € cada seis meses.

  • Ao facer a Declaración da Renda hai unha axuda económica de 1200 €  que se pode cobrar íntegra ou 100 € ao mes.

  • Se o neno ou a nena con discapacidade ten irmáns, pódese solicitar na Xunta a "Tarxeta de Familia Numerosa". Con esta tarxeta ao facer a compra en Supermercados acumúlase un tanto por cento do gastado que despois pódese gastar no Supermercado.

Para máis información acudide ao voso ou á vosa Traballadora Social que vos corresponde por zona.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022