Ola, rapazas e rapaces de sexto de Educación Primaria: As circunstancia provocadas pola pandemia non nos permitarán rematar o curso de forma presencial, polo que este fin de curso e de etapa van ser un pouco distintos. A visita que pensabamos facer ao IES Castelao, centro ao que acudiredes a maior parte de vós, non se poderá facer. Por elo queremos que, aínda que non sexa o mesmo, recibades a información que dende Orientación, en coordinación co Departamento do Instituto, poda interesarvos. Comezades unha nova Etapa Educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria . É un momento moi importante nas vosas vidas e moi emocionante. Despois de tantos anos no Pombal agora cambiades a outro centro que non coñecedes e con rutinas que non son ás que estades acostumados ata agora. Nesta nova etapa tedes que vos esforzar ao máximo, traballar moito e desfrutar das actividades e as novas posibilidades que vos ofrece. Ides coñecer a novas compañeiras e compañeiros e i...
Comentarios
Publicar un comentario