Iniciativa ARCO

 17 de novembro de 2020

INICIATIVA ARCO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional xunto co Ministerio de Educación y Formación Profesional e a Unión Europea (Fondo Social Europeo), poñen en marcha accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación para o curso 2020-2021, o que coñecemos como a Iniciativa ARCO.

Este curso solicitamos a participación, igual que o curso pasado, e nola concederon.

A Iniciativa ARCO ten a finalidade de axudar a mellorar os resultados educativos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, como consecuencia da situación derivada da COVID-19.

Nestes apoios ofrecerase ao alumnado unha atención individualizada que lle permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara ás súas aprendizaxes.

 Para realizar estes apoios contaremos cunha especialista en Pedagoxía Terapéutica, a maiores no centro, que realizará o reforzo no horario escolar e dentro ou fóra da aula segundo o considere mais beneficioso para o alumnado.

O alumnado beneficiado por esta Iniciativa é o de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria con necesidades específicas de apoio educativo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/08/07/fec238b659bdc1dc7fa07fe847fc401b.pnghttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/08/07/02bd445104627828b3d1b1c3712440fd.jpg

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022