PLAN RECUPERA 2021-2022

 

PLAN RECUPERA 

O Plan Recupera vai dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021-2022. Forma parte da "Estratexia Galega de Inclusión Educativa, EduInclusión 2021-2025" da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Ten como obxectivo mellorar o rendemento académico e desenvolvemento do éxito educativo por medio do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe daquel alumnado vulnerable que por causa da pandemia non alcance os obxectivos e as competencias establecidas para o nivel correspondente.

Dentro deste Plan convócanse os Contratos-programa Recupéra-T que inclúen o Programa ARCO e o Programa PROA +.

O Programa ARCO (Programa de Apoio, Reforzo e Orientación) está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Para levar a cabo este programa contaremos co reforzo dun mestre especialista de Pedagoxía Terapéutica, durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022 a xornada completa, que apoiará ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria que sexa proposto polos titores e despois de informar ás familias.

O Programa PROA + (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo) está cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Unión Europea no marco do "Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia". Para levar a cabo este programa contaremos co reforzo dun mestre especialista de Pedagoxía Terapéutica, durante o curso 2021-2022 a media xornada, que apoiará ao alumnado de 6º de Educación Primaria que sexa proposto polos titores e despois de informar ás familias.

Solicitamos a participación en ambos programas e foinos concedida polo que comezará o apoio no mes de outubro.

 

    
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/08/07/fec238b659bdc1dc7fa07fe847fc401b.pnghttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/08/07/02bd445104627828b3d1b1c3712440fd.jpgPLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA MANUAL DE MARCA / MAYO  PDF Free DownloadBioReDes - Unidad de gestión ambiental y forestal sostenible

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022