AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 23-24

 O plazo para entregar no centro os documentos de solicitude das Bolsas NEAE, comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro.

 A solicitude das Bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024, cubriranse exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación polas familias interesadas.

Unha vez que esté cuberta e firmada, non vos esquezades de adxuntarlle os documentos esixidos e entregala no Departamento de Orientación para revisala por se é necesario subsanar algún erro.

Para poder solicitada primeiro tedes que comprobar que cumprides os requisitos económicos que se esixen. 

As axudas van destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoyo educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastorno grave da comunicación e da linguaxe, Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou altas capacidades.

 Revisade antes de traela os seguintes puntos:

- Asinar na Folla 1: autorización á AEAT para poder facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- No apartado "A cumplimentar por todos/as os/as solicitantes" deberán asinar todos os membros maiores de idade da unidade familiar.

- Fotocopia dos DNIs .

- Presentar o certificado de discapacidade igual o superior ao 33%, os que o teñan.

- A conta corrente ten que ter ao alumno ou alumna como titular ou cotitular, sempre que non se faga o ingreso na conta do colexio.

- Certificado médico do diagnóstico de TEA.

- Memoria expedida polo centro reeducador na que consten: características do centro, número de horas semanais, coste mensual e especialista que prestará o servizo.

- Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reune os requisitos de formación esixidos.

Calquera pregunta que tiñades non dubidedes en chamar ao teléfono do Departamento de Orientación, 886120093.

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

(preme no enlace)

Comentarios

Entradas populares de este blog

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

PLAN RECUPERA 2021-2022

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE 2021-2022