AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 25-26
Axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 25-26 O plazo para facer a solicitude das Bolsas NEAE, comeza o 30 de abril e remata o 11 de setembro. A solicitude das Bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2025-2026, cubriranse exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación polas familias interesadas. Non haberá que presentala no colexio. A familia descargará o resgardo que será o xustificante de ter presentada a solicitude en prazo. É moi importante que a solicitude quede en estado "Presentada", nunca en "Borrador" porque non se podería tramitar. Para poder solicitada primeiro tedes que comprobar que cumprides os requisitos que se solicitan. As axudas van destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoyo educativo derivada de discapacidade, trastornos graves da conduta, trastorno grave da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista (TEA) e altas capacidade...